Arqueoloxía técnica e
xestión integral do patrimonio cultural

Escavacións de verán

Un ano máis tentamos achegar ós estudantes e voluntarios información sobre posibles escavacións arqueolóxicas que aceptan a colaboración de persoal externo. Este tipo de actuacións resultan especialmente interesantes para aqueles que aínda se atopan en período de formación, ou que desexan complementar esta coa sempre imprescindible experiencia práctica.
Neste caso facémonos eco da Campaña de escavación arqueolóxica organizada pola Universitat de Barcelona en Revenga (Comunero de Revenga, Burgos) baixo a dirección das doutoras Karen Álvaro y Esther Travé, e que terá lugar entre os días 29 de xullo e 11 de agosto deste ano.
O prazo de inscrición pechábase o pasado 10 de xuño mais ven de ampliarse ata o vindeiro día 14, polo que os interesados aínda están a tempo.
Pode descargarse o formulario de inscrición na seguinte ligazón
http://www.grampub.com/ub/images/pdf/RE2019-Inscripcion.pdf
E para máis información sobre esta actuación pódese acudir a estoutra ligazón.
http://www.grampub.com/ub/index.php/es/home-grampub/item/abierto-el-plazo-de-preinscripcion-en-las-campana-de-excavacion-arqueologica-en-revenga-comunero-de-revenga-burgos?fbclid=IwAR3MFhaplupEVPOiN1YhmDFvlQu96_7ntYNecm_DmZy4qpxfvqwS-H368yU