Arqueoloxía técnica e
xestión integral do patrimonio cultural

Posta en valor do Patrimonio Cultural

Posta en valor, restauración e rendabilización do Patrimonio Cultural

Máis alá da investigación ou a descuberta de xacementos arqueolóxicos e elementos do Patrimonio Cultural, polo común, o patrimonio precisa tamén dunha adecuación e mantemento para a súa accesibilidade e goce por parte da sociedade.

É aí onde o labor de posta en valor e rendabilización do Patrimonio Cultural resulta imprescindible. EQUITE ten a capacidade de levar a cabo calquera clase de actuación a este respecto incluíndo proxectos de Restauración, Musealización e Posta en Valor de todo tipo de elementos do Patrimonio Arqueolóxico, Arquitectónico, Etnográfico e Histórico-Artístico, en xeral.

Podemos acometer a restauración de elementos, conxuntos e zonas; tamén a reconstrucción e traslado de elementos cando sexa preciso.

E non esquecemos tampouco o proceso didáctico de sinalética, cartelería, configuración de roteiros turísticos, documentación, investigación, conferencias, etc.

Tanto se o noso cliente ten decidido o que necesita coma se se atopa un chisco perdido co tema nos podemos axudarlle en todos estos aspectos, orientándolle con propostas axeitadas para o seu caso e dándolle un orzamento claro dende o principio.