Arqueoloxía técnica e
xestión integral do patrimonio cultural

Últimos encargos para a Xunta de Galicia

Dende o ano pasado en EQUITE estivemos a realizar unha ardua labor de campo e gabinete para revisar e corrixir todolos inventarios dos concellos das comarcas de Ferrol e Eume, traballo que só conseguimos concluír despois do correspondente proceso de control de calidade. O encargo forma parte dun amplo proxecto desenvolvido polo Departamento de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, que coordinou aproximadamente quince empresas e profesionais de ámbito autonómico e nacional para cubrir un total de 25 lotes de concellos de toda Galicia.
No caso de EQUITE, o traballo levouse a cabo por un equipo interdisciplinar de sete técnicos e coa colaboración da enxeñería da Coruña ACIVRO MEDIO AMBIENTE.
Durante cinco meses ininterrumpidos, máis de mil xacementos e sitios arqueolóxicos foron revisados ao longo de 16 municipios diferentes, o que significou non só a corrección de múltiples erros en posicións oficiais e caracterizacións, senón tamén a descuberta de moitos outros sitios arqueolóxicos novos e ata entón descoñecidos.