Arqueoloxía técnica e
xestión integral do patrimonio cultural

Campaña de prospeccións arqueolóxicas

Continuando co noso empeño en facilitar información sobre actividades arqueolóxicas de formación a quen o precise, en EQUITE presentamos unha nova reseña.

Unha das actividades para as que adoita resultar máis difícil acadar experiencia práctica ós estudantes e recén licenciados é sen dúbida a prospección arqueolóxica. Paradoxalmente esta é precisamente a faceta que máis interesa dende o mundo empresarial por seren a que máis demanda xera debido ós requirimentos de promotores que necesitan avaliacións e correccións de impacto, cada vez máis indispensables polo prgreso da lexislación sobre Patrimonio Cultural.

Por iso creemos que a iniciativa promovida polo departamento de Prehistoria da Universidade Complutense de Madrid para levaren a cabo esta campaña o vindeiro mes de outubro non é so moi interesante dende o punto de vista científico e académico, senon tamén tremendamente útil para quenes queran complementar o seu perfil profesional.

Máis información na seguinte ligazón:

https://www.facebook.com/prehistoriaucm/photos/a.1744844995745882.1073741828.1733748203522228/2022765831287129/?type=3&theater