Arqueoloxía técnica e
xestión integral do patrimonio cultural
EQUITE - Arqueoloxía Técnica  e Xestión Integral do Patrimonio Cultural

Últimas novas

25

Bo Nadal

Este ano felicitamos a todos as festas con unha imaxe atípicamente invernal dos célebres dólmenes de Antequera, en Málaga, que recen veñen de recibiren unha máis que merecida declaración de Patrimonio Cultural Mundial.

Decembro
02

Campaña de prospeccións arqueolóxicas

Continuando co noso empeño en facilitar información sobre actividades arqueolóxicas de formación a quen o precise, en EQUITE presentamos unha nova reseña.

Unha das actividades para as que adoita resultar máis difícil acadar experiencia práctica ós estudantes e recén licenciados é sen dúbida a prospección arqueolóxica. Paradoxalmente esta é precisamente a faceta que máis interesa dende o mundo empresarial por seren a que máis demanda xera debido ós requirimentos de promotores que necesitan avaliacións e correccións de impacto, cada vez máis indispensables polo prgreso da lexislación sobre Patrimonio Cultural.

Por iso creemos que a iniciativa promovida polo departamento de Prehistoria da Universidade Complutense de Madrid para levaren a cabo esta campaña o vindeiro mes de outubro non é so moi interesante dende o punto de vista científico e académico, senon tamén tremendamente útil para quenes queran complementar o seu perfil profesional.

Máis información na seguinte ligazón:

https://www.facebook.com/prehistoriaucm/photos/a.1744844995745882.1073741828.1733748203522228/2022765831287129/?type=3&theater

Agosto
08

Escavacións de verán

Un ano mais dende EQUITE procuramos facillitar información sobre escavacións de verán a aqueles voluntarios, estudantes ou non, que desexen participar en actuacións arqueolóxicas de formación. Nesta volta facémonos eco da apertura do prazo de inscrición para as escavacións de verán que organiza no País Vasco a Sociedade de Ciencias Aranzadi - Aranzadi Zientzia Elkartea. O prazo de inscrición péchase o vindeiro 26 de Maio.

Maís información e detalles sobre a inscrición na seguinte ligazón:

http://www.aranzadi.eus/wp-content/uploads/2017/03/Arqueologia-2017-ES.pdf

Abril